Friday 03 de May de 2024

Faraldo repetirá como cabeza de lista do PSOE de Miño “O noso proxecto en Miño ten aínda moito percorrido”


Na asemblea de militantes do PSOE local de Miño que tivo lugar en hai uns días, o alcalde de Miño desde 2019, Manuel Vázquez Faraldo, explicou un resumo as actuacións levadas a cabo desde o seu goberno nestes case catro anos e a continuación debullou varios proxectos previstos para a seguinte lexislatura.

A aprobación de ordenanzas moi necesarias como a de praias, tallas ou venda ambulante, a creación de zonas verdes como a Fraga do Xarío ou as sendas Dous Sentidos e Dous Muiños do Xarío, a celebración de novos eventos deportivos e culturais, a ampliación do saneamento en varios lugares, a renovación de importantes tramos da rede de abastecemento de auga, a importante mellora na xestión das praias e as contratacións de tempada, a mellora e acondicionamento de edificios públicos, novas instalacións para o Club Náutico e novo céspede para o campo de fútbol.